Reproduccións de escudos heráldicos, de asociacións, concellos e outras entidades así coma reloxios de sol, buzóns de correos e outros elementos que personalizan e distinguen edificacións públicas e privadas.
Meigallo “contra o mal de ollo, as malas linguas e as
cousas do demo, presentes en todalas culturas do mundo”
Representación de tres cabezas. Un meigo cun ollo de
vidro e outro coa lingua fora, que simbolizan o mal de ollo
e ás malas linguas, a terceira cabeza é o reflexo do demo.
(pedra do Suído).
Xano.
Xano foi unha divinidade romana que fundou a cidade de
Xanícula, onde logo se levantaron os primeiros muros de Roma.
Alí acolleu a Saturno, deus que foi expulsado do Olimpo.
Este, agradecido,conferiulle a especial facultade de ver con
claridade ( ó mesmo tempo) o pasado e o futuro, para rexirse
con sabiduría nas circunstancias de cada momento. Este é o
motivo polo cal as súas imaxes teñen duas caras.
As imaxes de Xano teñen dous rostros, un vello con barba
que representa o pasado
e un home novo que representa o futuro.