*Artista plástico natural de Mos (Pontevedra).
*Formación autodidacta reforzada en múltiples intercambios culturais e profesionais.
*Comeza a súa andaina profesional realizando murais e Graffitis en locais de hostelería
(pubs, bares, restaurantes, etc...), que compaxina con rotulacións e outros traballos.
*O modelado en barro supón o primeiro contacto coa escultura pasando máis tarde a
realizar figuras en poliexpan (recubertas de escaiola, fibra de vidro, mortero...) destinadas
á ambientación de locais e parques temáticos.
*Actualmente centra a maior parte da súa actividade na escultura en pedra.
*Baixo o nome comercial de M’arte crea unha empresa que pon os coñecementos
artísticos ó servizo do cliente para a realización de:
-Esculturas, monumentos e pezas especiais en pedra.
-Restauración.
-Decorados e traballos de ambientación (exterior e interior).
-Artesanía, elementos decorativos e de xardin.
-Rotulación artística.
-Pintura (mural, oleo, acuarela, aerográfica, etc...).
-Deseño gráfico, debuxo, comic, ilustración, etc,..
-Demostracións de traballos en feiras de artesanía e outros eventos.