PELOUROS (colección).
Os pelouros son cantos rodados e pedras de granito expostas
a diferentes condicións ambientais durante moito tempo.
As súas formas redondeadas suxiren figuras e movementos
(humanos e animais) que o autor reforza tallando valeiros,
liñas e volumes tratando de manter sempre o traballo orixinal
e irrepetible da natureza.